Airiños da Ulla
Naceron no 1930 en Berres, A Estrada. composta por duas requintas,
duas gaitas de fol, caixa e bombo. Coa morte de Manuel Gestoso Varela
o grupo desapareceu no 1980.
As requintas son unha especie de frautas que nun primeiro momento foron empregadas de xeito individual, mais co tempo botóuselles man para acompañar gaitas, como se pode observar nalgúns gravados antigos coma o do grupo "Airiños do Ulla", da Estrada. Noutrora usábanse por toda Galiza, pero caeron no desuso e hoxe en día non é doado dar con elas agás en certas zonas. Estas zonas son os concellos de influencia do Ulla e arredores, isto é, Vila de Cruces, Silleda, A Estrada, Caldas de Reis, Valga, Touro, Santiago de Compostela, Boqueixón, Vedra, Ames, Teo, Rois, Dodro, Padrón, Brión e Rianxo.
Airiños da Ulla 1970
A orixe da requinta está nas frautas de sabugueiro e de óso, as cales non había que furar por dentro, pois son ocas. A seguinte evolución foi facelas de madeira de buxo, co que se melloraba a calidade musical, ademais de facer o furado interior cónico e con maior diámetro no lado do bocal. Por último, nos tempos actuais, ademais de buxo, pódense atopar requintas feitas de madeiras tropicais, que son máis resistentes á humidade e que ofrecen unha maior calidade musical. Algunhas destas madeiras son o granadino, o pau rosa ou o pau santo. Estas madeiras tamén se empregan en moitos outros instrumentos, como a gaita, para que soporten a humidade máis tempo.
Airiños da Ulla 1965
Están feitas en catro ou cinco pezas, que logo se encaixan. Se queremos unha ou outra tonalidade, farémolas dun ou doutro tamaño; e a afinación depende dun tapón móbil situado no extremo do bocal. As requintas teñen seis buratos frontais, tendo algunhas unha chave que aumenta o cromatismo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario