viernes, 13 de mayo de 2011

Irmáns Nieto de Valdoviño Ferrol

Irmáns Nieto de Valdoviño Ferrol

Aportación de Bruno Casal AFC BERROS DO CASTRO
que deixa esta imaxe dos irmáns Nieto, de Valdoviño, con colaboradores.
Aportación de Lucita Nieto.

A foto é, sen dúbida, de c.aa. 1947-48. O grupo da foto quixéronse chamar formalmente Quinteto "Toxos e Froles", pero non os deixaron -como se dirá abaixo-. Os persoeiros que o forman eran (de esquerda a dereita): Manuel Prieto (gaita), And...rés Vergara (gaita), Andrés Nieto (batería, Serafín Nieto (clarinete), e Manuel Lorenzo Barxa (gaita. * Fundador do Coro "Toxos e Froles" en 1915). Deste xeito, o 17 de maio de 1947 Serafín Nieto (arriba citado) comparecía ante a xunta directiva do Real Coro "Toxos e Froles" de Ferrol e pedíalles autorización para poñerlle como nome artístico: "Quinteto Toxos e Froles", ó grupo que entón estaba formando (o da foto). A directiva do coro negoulles esta posibilidade. Fotos do mesmo grupo, cita, etc., no libro de Fernando Dopico Blanco & María do Carme Santiso Medín: Manuel Lorenzo Barxa (1878-1959), un gaiteiro ferrolán á antiga usanza; edit. Embora, Ferrol, 1997, pp. 112-117


Unha curiosidade da época e as penosas circunstancias económicas. Naqueles tempos a compra dun traxe era toda unha inversión. As familias máis pobres encargaban os traxes de home ás costureiras que ian polas casas, porque eran moito máis barata a confección que nunha xastreria. Pero o corte recoñecíase ben, porque non sentaba coma o dos xastres. O exemplo nesta foto é Prieto (o da esquerda).

No hay comentarios:

Publicar un comentario