Áurea Rodríguez a «raíña da gaita
galega»
En Ribadeo formouse a primeira banda de gaitas femenina do Estado ( O grupo Saudade ) e en Celanova, uns anos antes ( 1919 ) temos constancia da primeira gaiteira galega documentada e directora dun dos grupos máis famosos da Galicia de principios de século: Os Maravillas de Cartelle. Áurea Rodríguez foi bautizada como a raiña da gaita galega.
Áurea Rodríguez, líder dos Marabillas de Cartelle, é a primeira muller gaiteira documentada na historia, e a súa figura foi descuberta pola musicóloga Sonsoles Hernández Barbosa, mentres investigaba para a redacción do libro Itinerarios histórico-musicais: Celanova, editado pola discográfica Ouvirmos.
"Quixemos profundar na música en Celanova máis aló das figuras coñecidas por todo o mundo, como Curros Enríquez ou Celso Emilio Ferreiro, poetas que participaron en moitos proxectos musicais", explica Sonsoles Hernández. Nesa busca, atopou varias referencias ós Marabillas de Cartelle na prensa de comezos de século, e comezou a investigar sobre eles.
Resulta moi rechamante que, nos anos 20 e nun país daquela atrasado como Galicia, unha muller exercese o liderado dun grupo musical. "Chámanos a atención a nós, pero tamén lla chamaba á xente da época -di Hernández-. En case todos os artigos que atopamos sobre Os marabillas, sempre se destaca con sorpresa a figura de Áurea Rodríguez".
É pouco o que se sabe desta dona, máis aló da súa habilidade para tocar a gaita. Descoñécese a súa orixe e data de nacemento, así como se tiña outra profesión máis aló da música. Todas as referencias que hai sobre ela están ligadas aos Marabillas de Cartelle.
A finais da década dos 20 estivo en Madrid coa súa banda, realizando unha serie de concertos, con moito éxito. A prensa local describiuna como "Áurea Rodríguez, la reina de la gaita gallega". Sábese tamén que en 1929, os Marabillas realizaron unha xira por Arxentina, na que a figura de Áurea foi obxecto de moitos comentarios eloxiosos. E a partir de aí, so hai unha referencia máis á gaiteira, unha actuación súa en Venezuela, en 1945.
"O máis probable parece ser que quedara a vivir en Latinoamérica", afirma Sonsoles Hernández, xa que en Galicia non se volve saber nada dela. De feito, semella que esa foi a última viaxe dos Marabillas, xa que o irmán de Áurea, Felisindo Rodríguez, funda xa nos 30 un novo cuarteto, os Irmáns gaiteiros de Guntián
Tras un grande éxito no Madrid dos anos vinte, Áurea Rodríguez foi bautizada como «raíña da gaita galega»
A primeira gaiteira galega documentada e directora dun dos grupos máis famosos da Galicia de principios de século: Os Maravillas de Cartelle. Entre os artistas máis coñecidos da comarca de Celanova estiveron Os Maravillas de Cartelle. Que o grupo fora dirixido por unha muller era asombroso para a época, pero non foi menos sorprendente que nos anos vinte lograse tal triunfo nas súas actuacións en Madrid que Áurea foi designada pola prensa capitalina como a «raíña da gaita galega».
Os Maravillas viaxaron a Arxentina en 1929 para actuar, e as poucas informacións que existen parecen indicar que Áurea non regresou do outro lado do charco.
http://www.fotolog.com/davidelc/43327863
O nome de Os Maravillas de Cartelle ven da parroquia de As Maravillas, así como Irmáns gaiteiros de Guntián, seguro sexa Muntián e non Guntián, xa que é aldea desta parroquia onde naceu Aurea e os seus irmáns.
ResponderEliminar