sábado, 16 de abril de 2011

BANDA DE ORDES

Banda de Ordes
Banda de Ordes



Engadido pola Banda de Ordes a:
"Proxecto Virtual Recuperación do Patrimonio Musical Galego Séculos XIX-XX"

Esta Histórica Banda de Ordes naceu en 1931, desaparecendo como moitas outras bandas, no ano 1934, por motivos económicos.

Co fin de formar unha banda nesta localidade para non costear a contratación de outras agrupacións para as festas, reúnense un grupo de xóvenes e maiores da comarca, todos eles dirixidos e tutelados por D. Higinio Cambeses Carreras, quen durante os anos 1931 e 1932 sería seu director.

Os integrantes da Banda ensaiaban no antigo matadeiro e nunha fábrica de curtidos na vila de Ordes. Sua primeira actuación foi o 14 de Agosto de 1932 nas festas patronales da vila de Ordes.

A partires de aquí, suas actuacións sucederonse polas diferentes localidades da provincia (Santiago de Compostela , Conxo, Porto do Son, Corcubión, ...) e nas festas dos arredores da comarca. Estos músicos animaban as festas cun número de partituras que rondaba as 25, ... dianas, pasaruas, pasodobres, muiñeiras, xotas, vals, ... eran escoitadas en todas as festas.

No ano 1933, o director pasa a ser D. Bernardo del Rio Parada. Nesta época a Banda contaba cunha subvención do Concello de 500 ptas. pero non era suficiente, tendo que aportar capital os propios músicos para que a Banda sobrevivise.

Coa salida de D. Bernardo e a chegada de outro director, un tal Manolo, a Banda vai en declive, actuando por última vez na vila de Ordes durante a recepción do Presidente da República, Nieto Alcalá Zamora.

Para mais información sobre a actual banda de Ordes ou sobre a antiga; non dubide en visitar:
http://www.bandadeordes.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario