Aportación de Fer Norat que atopou
este artigo de blogs.laopinioncoruna.es :
"Pouco ía sospeitar o coruñés
José Baldomir que unha das súas composicións alcanzaría fama
internacional medio século despois da súa morte gracias a un dos
músicos galegos máis afamados dos nosos, Carlos Núñez.... O
gaiteiro vigués fixo unha versión propia dunha melodía de Baldomir
e escolleu o seu nome para titular o disco na que a incluíu: Maio
longo. Pero xa no seu tempo Baldomir foi un músico recoñecido en
Galicia e España. Naceu no ano 1867 e o seu prestixio e a súa
formación permitíronlle acceder á Real Academia Galega e á de
Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario. Foi profesor de Conxunto e
Masas Corales na Escuela de Bellas Artes de A Coruña e dirixíu os
orfeóns El Eco e El Brigantino. No ano 1906 realizou unha xira por
numerosas cidades de España, Francia e Portugal na que divulgou as
melodías que tiña composto a partires das poesías dos mellores
autores galegos. Entre estos temas figuran Meus amores, ¿Cómo foi?,
¿Por qué? ou No ceo azul, ademais da mencionada Maio longo. Outras
composicións de Baldomir foron as pezas musicais que se integraron
en obras de teatro, como Santas e Meigas, escrita por Linares Rivas e
estreada no Teatro da Zarzuela de Madrid. Tamén compuxo unha ópera
que non chegou a representar, A virxe do Cristal, baseada na lenda
narrada por Curros Enríquez e que foi adaptada por Ramón
Cabanillas. José Baldomir tamén se dedicou á crítica musical e
mesmo á investigación, xa que colaborou con Ramón de Arana na
recollida de composicións populares galegas para que foran incluidas
no cancioneiro de Pedrell e Inzenga. O músico coruñés finou no
1947 e o concello que presidía Sergio Peñamaría de Llano decideu
adicarlle unha rúa no 1962..."/ J. M. Gutiérrez
Autor do artigo: J.M.Gutiérrez
http://www.youtube.com/watch?v=1ywDlTh1iJosé Baldomir coas coristas do orfeón El Eco
Para escoitar a súa música:
Música Gallega,José Baldomir Rodríguez (Coruña 1867-1947)
http://www.youtube.com/watch?v=1ywDlTh1i4k&feature=player_embedded
Gracias por compartir este información, e polo traballo de recuperación da nosa historia musical. Sen embargo debo aclarar, que o mérito desta aportación é sobre todo para o autor: J.M.Gutiérrez, de quen eu só atopei este artigo neste blog de La Opinión.
ResponderEliminarGrazas Fernando agora o poño!
ResponderEliminar