Sabemos apenas nada desta pianista de proxección internacional no comezo do século XX. Foi profesora de piano e autora de dúas composicións breves, Durme, unha nana para voz e piano e, Maruxiña, unha muiñeira en que musica o poema de Pondal do mesmo nome.
Máis son os interrogantes que se abren na vida desta muller que as respostas que nós temos. Porén presentala así, mesmo con datos fragmentarios, pode servir de estímulo para a busca e preferimos isto que deixala durmir no anonimato.
Nace na Coruña en 1895 e morre en 1952. Non temos constancia do lugar da súa morte. Foi alumna de Canuto Berea e de Pilar F. de la Mora.
Desde moi nova dedícase a actividade concertística: en 1911, con dezaseis anos, acompaña ao violonchelista Van Isterdael. En 1912 actúa en París, no Ateneo de Madrid e en Niza. O 29 e 31 de xaneiro de 1919 acompaña a soprano Jenny Dufau nun concerto organizado pola Sociedade Filharmónica de Bilbao alternando lieder con obras de envergadura para piano só, de Debussy e de Liszt.
Segundo María Luisa Ozaita (1995) o gran Rubinstein amosou interese por ela e deulle consellos e apoio na súa carreira.
É posible que ocupase a cátedra de Piano en Madrid. Coliximos isto a teor dun dato de Antonio Buxán: Pilar Cruz, catedrática de Historia da Música e de Estética até a morte de Pilar Castillo, data en que pasou ocupar a cátedra de piano (1990).
Este autor, alumno predilecto da súa xeración, tiña en moita consideración á intérprete: Foi unha grande, extraordinaria pianista, é máis que posible, probable que fose a mellor pianista de Europa do seu tempo
Se o que el di non é ditirambo ou hipérbole, como é que Pilar Castillo nos resulta tan lonxe, tan descoñecida?
Outros comentarios dannos conta do seu talento como instrumentista.
En 1912 o crítico musical de Le Monde escribe sobre o concerto de Pilar Castillo en París: Acabamos de escoitar a unha moza de talento pianístico extraordinario: o de mademoiselle Pilar Castillo, unha española de dezasete anos. Son raras a esa idade tal forza, virtuosismo, técnica e musicalidade [...] Cando se escoita non se ten a impresión dun prodixio, xa que o seu xeito de tocar é fondo e razoado.
Aínda que non coñecemos ningún rexistro sonoro comercial da súa obra, si temos constancia da existencia de dúas composicións breves da súa autoría:
Durme, unha nana para voz e piano en do menor, compás de 6/8 e tesitura de soprano, con letra do actor Bermúdez Jambrina, que canta a unha nena (durme nena fermosa, que durmindo se afogan as penas) con merecementos semellantes a moitas das cancións de concerto galegas (Canuto Berea, Baldomir, Chané, Lens Vieira...). A partitura forma parte do arquivo de partituras de Canuto Berea que hoxe conforman os fondos da Deputación Provincial da Coruña, na sección musical da súa biblioteca e foi catalogada por Mª Dolores Liaño Pedreira co rexistro Mga 21/51. Sen ano de edición.
Maruxiña, muiñeira para voz e piano que musica o poema de Pondal do mesmo título. En tonalidade de Fa Maior, compás de 6/8 e carácter e tempo animado e enérxico, cunha pasaxe giocosa, tamén para soprano. A edición da partitura (portada, letra do poema e 4 páxinas de música) ten unha ilustración de portada asinada por E. Castillo, figura como autora Pilita Castillo [sic] e carece de ano de edición. Mais, atendendo aos datos que Ana Romero e Carlos Pereira recollen na páxina 157 do libro O orballo da igualdade: asociacionismo progresista na cidade da Coruña (2005), sabemos que se trata dunha composición anterior a 1935 porque foi interpretada nun acto da Agrupación Republicana Feminina da Coruña en homenaxe a Pondal o 23 de febreiro en 1935: ...a presidenta, Amparo López Jean, le unhas cuartillas -o brinde escrito por Pondal para o banquete de Conxo de 1856- e recita o poema "A Campana de Anllóns". A continuación unha socia canta unha muiñeira da autoría de Pilar Castillo, con letra de Pondal para, por último...
http://www.culturagalega.org/
Maruxia Muiñeira de Pilita del Castillo, poesía de Eduardo Pondal
Para ver a partitura no seguinte link no pdf
http://www.culturagalega.org/album/docs/ 63_doc_01.pdf
Para ver a partitura no seguinte link no pdf
http://www.culturagalega.org/album/docs/
Durme Melodía Gallega Pilar del Castillo
Durme, unha nana para voz e piano en do menor, compás de 6/8
Durme, unha nana para voz e piano en do menor, compás de 6/8
e tesitura de soprano, con letra do actor Bermúdez Jambrina, que canta a unha
nena (durme nena fermosa, que durmindo se afogan as penas) con
merecementos semellantes a moitas das cancións de concerto galegas
nena (durme nena fermosa, que durmindo se afogan as penas) con
merecementos semellantes a moitas das cancións de concerto galegas
(Canuto Berea, Baldomir, Chané, Lens Vieira...). A partitura forma parte do
arquivo de partituras de Canuto Berea que hoxe conforman os fondos da
Deputación Provincial da Coruña, na sección musical da súa biblioteca
e foi catalogada por Mª Dolores Liaño Pedreira co rexistro Mga 21/51.
Sen ano de edición.
Para ver a partitura no seguinte link no pdf
http://www.culturagalega.o rg/album/docs/63_doc_02.pd
Para ver a partitura no seguinte link no pdf
http://www.culturagalega.o
No hay comentarios:
Publicar un comentario